Diana Navarro e a Banda da Loba porán a música no ‘Bamboleo’ desta semana

0
18

Santiago, 16.05.2020.-  “Bamboleo” (22.00 h), o programa de entretemento da TVG dos sábados á noite, recibirá hoxe a visita da cantante e compositora malagueña Diana Navarro, unha das artistas máis valoradas do noso país, que parte do flamenco e a copla como punto de encontro doutros sons próximos. Co seu último disco, “Resiliencia”, amosa unha proposta máis arriscada e persoal.

O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará ademais coas actuacións da orquestra Televisión e de A Banda da Loba, quinteto feminino compostelán que debuta co disco “Bailando as rúas”. Nel, letras de célebres plumas da literatura galega, como Celso Emilio Ferreiro e Manuel María, de autoras contemporáneas como Celia Parra ou Rosalía Fernández Rial ou das propias integrantes do grupo alíanse con ritmos tan variados coma o rock, o pop, o country e o blues nun disco integramente en galego.

No escenario tamén estarán Nuria Yusta, interpretando “Yo viviré”, de Celia Cruz, e José Ramón Rodríguez, co tema “Bailar pegados”, de Sergio Dalma, competindo ambos os dous na sección “Agora ou Nunca”.

Coma sempre, “Bamboleo” ofrecerá tamén as seccións “A ITV do amor”, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; “Déixate de Juasá”, que animará a Alexia e a Diego a prescindir de tanto trebello tecnolóxico; “A Jrileira”, onde Carmen e Ríchar se enfrontarán ao karaoke cantando “Devuélveme la vida”, de David Bustamante, e “Dirtidansi”, en que parellas de distintas xeracións bailarán hoxe jive, rumba e bolero.

Fuente Crtvg.es