Diego Moreira volve hoxe a 'A liga dos cantantes extraordinarios' cunha actuación moi especial

0
11

Santiago, 18.07.2019.-    A TVG ofrece esta noite unha nova entrega de ‘A liga dos cantantes extraordinarios’, un concurso presentado polo versátil Paco Lodeiro, que busca cada semana a mellor voz entre oito cantantes solistas das orquestras que máis enchen de espectáculo as nosas verbenas. Ao remate de cada gala, só un aspirante se clasificará para a gran final do programa.

Cada cantante ten que defender un tema que lle propón o xurado e que representa a súa bancada con estilos moi diferentes. No primeiro programa, tras resolver a fase semifinal entre César Romero (orquestra Cinema) e Tania Veiras (grupo Tania Veiras), coouse Tania Veiras na primeira praza para a gran final.

Nesta terceira entrega, Diego Moreira volve á competición despois de que o seu compañeiro Santi Pulido, da París de Noia, pasara directamente á final a semana pasada. Volve cunha actuación moi especial, xa que o propio Diego acompañará o seu tema cunha guitarra acústica.

Este novo cantantes incorpórase ao grupo de aspirantes, integrado por Noly (Los Satélites), Rosa do Mar (orquestra Miramar), César Romero (orquestra Cinema), Peke (La Fórmula), Eulícer Arostegui (orquestra Olympus) e Iria Riola (orquestra Trébol).

‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ contará a maiores coa actuación de Monoulious Dop, o grupo do membro do xurado Mon, que xunto a Pili Pampín, Lito Garrido e Lucía Pérez, é responsable de avaliar cada actuación dos oito cantantes.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here