#Dígochoeu estrea o vídeo do grupo King Kids, un dos cinco finalistas do concurso ‘Unha canción para Esther’

0
83

Santiago, 15.12.2022.-  O espazo de promoción da lingua  da CRTVG #DígochoEu estreou hoxe o primeiro vídeo do concurso ‘Unha canción para Esther’. Trátase da composición musical de King Kids, grupo coñecido dos espectadores dos medios públicos galegos por ser o gañador da edición 2021 da ‘Canción do Nadal’. Nesta ocasión, interpretan coa presentadora Esther Estévez o tema tamén titulado ‘Dígocho eu’.

  Ademais de a través da TVG, o vídeo musical está accesible na web, na canle de YouTube e nas redes sociais da Galega. A canción finalista tamén pode escoitarse xa en Spotify.

O concurso do #DígochoEu convidou a todo o público da CRTVG a presentar temas que puidese interpretar a xornalista Esther Estévez, ben na súa totalidade ou acompañada do autor, intérprete ou grupo. Tiñan que ser pezas orixinais, escritas en lingua galega, de menos de tres minutos de duración. A lista de finalistas, confórmana con King Kids, Rhome, Chamaquito Pistolas, Diego de Braelle e Chris Indian + Hydn

#DígochoEu lanzará cada mes un vídeo cos temas finalistas. O gañador de ‘Unha canción para Esther’ coñecerase en maio nunha gala musical.

Os cinco gañadores foron seleccionados por un xurado composto polo equipo do #DígochoEu, que valorou a orixinalidade, calidade técnica e acompañamento dun vídeo musical das opcións participantes. A peza finalista será elixida por un xurado alleo ao programa e farase cun premio de 500 euros. A segunda finalista recibirá  400 €; a terceira, 300 €; a cuarta, 200 €, e a última finalista, 100 €. 

#DígochoEu segue crecendo

O #DígochoEu da CRTVG, que xa supera os 1.000 capítulos, segue a crecer con novas propostas, como este concurso, que se suma aos II Premios #DígochoEu, un certame escolar de vídeos para alumnos de ciclos de educación primaria e secundaria de todos os centros escolares de Galicia, ou daqueles de fóra da comunidade que impartan lingua galega.

Fuente Crtvg.es