Diversión e humor refrescante nunha nova edición de ‘Land Rober Summertime’, hoxe coa participación do actor Maxi Iglesias e da atleta Ana Peleteiro

0
37

Santiago, 21.07.2022.-    Un xoves máis, é tempo de ‘Land Rober Summertime’ (23.15 h) na Televisión de Galicia, que ofrecerá unha nova edición das divertidas e refrescantes propostas do programa para este verán, con Roberto Vilar, Miguel Canalejo e Eva Iglesias.

Nesta ocasión, a tropa do ‘Land Rober’ contará coa presenza nos sketchs do actor Maxi Iglesias, que participará en distintos xogos co público, con lanzamento de torta á cara de por medio, e da atleta Ana Peleteiro, que esta noite se esquecerá do salto de lonxitude para converterse nunha vixilante da praia moi severa.

Ademais, entrarán en acción os axentes de Protección Civil, que falarán coa conselleira e chegarán a unha casa para reprender os seus inquilinos por non vacinarse, e os Mariscadores do programa, que se terán que enfrontar a unha verdadeira sorpresa: Josito ten un irmán xemelgo e os seus pais acábanse de decatar.

Por se todo isto fose pouco, o ‘Land Rober Summertime’ ofrecerá unha nova entrega de ‘As Mañás de Marilú’, onde o alcalde de Pazos fará un importante anuncio. Ademais, coa axuda dun experto, explicarase a suba da luz e Marilú recibirá tamén a visita dun eurodeputado.

Fuente Crtvg.es