Santiago, 14.11.2023.- No programa desta semana de ‘Lixo ou Tesouro’, os espectadores coñecerán a Nerea, que vén desde Vigo, e a Laura, procedente da Estrada, unha parella de amigas que só levan un ano tendo amizade, pero din que son coma irmás. Coincidiron traballando nunha granxa escola 24 horas xuntas e os vínculos fanse moi fortes. Nesa granxa escola elas eran monitoras e, como pasa nos ‘reality shows’, todo se magnifica.
Como todos os concursantes de ‘Lixo ou Tesouro’, Nerea a Laura aceptarán o reto de adentrárense no fascinante mundo dos obxectos misteriosos. O seu desafío está claro: seleccionar o máis valioso dunha variada colección de 12 obxectos, entre os que se atopan, entre outros, un cadro, un boneco, un pan de ouro, un anel e unha pedra de carborundum.
Ao longo das tres roldas do programa, aumentará a tensión a medida que se descubran os valores reais de cada un deles. Ao final, cando decidan o obxecto co que quedan, é cando se coñecerá o premio que levan, que coincidirá co valor do obxecto seleccionado.
Fuente Crtvg.es