Duelo de estrelas esta noite en ‘Os Mellores da Clase’: José Manuel Parada contra Pili Pampín

0
25

Xuntos emprenderán unha viaxe onde lembrarán a importancia das avoas, a paga dos domingos e os sabores da infancia

Duelo de estrelas esta noite en 'Os Mellores da Clase': José Manuel Parada contra Pili Pampín

Santiago, 13.10.2021.-   O programa desta noite de ‘Os Mellores da Clase’ (23.05 h) é de traca, un auténtico duelo de estrelas competindo por acadar o podio: o presentador José Manuel Parada e a cantante Pili Pampín xuntos nun programa de televisión e dando guerra, moita guerra, coa axuda dos seus acompañantes.

Parada era o alumno perfecto, aplicado e responsable. Pili só quería cantar e podíase atopar, en calquera momento, ensaiando diante dos espellos que adornaban o restaurante dos pais. Xuntos van emprender unha viaxe onde lembrarán a importancia das avoas, a paga dos domingos e os sabores da infancia.

Fuente Crtvg.es