‘É hora de festa’ dará hoxe conta da popular e tradicional romaría de Santiaguiño do Monte, en Padrón

0
21

O programa (23.10 h) asistiu á carreira do burros e á procesión ao monte coñecido como O Parrandeiro, para o que hai que subir unha escaleira de máis de 120 chanzos

'É hora de festa' dará hoxe conta da popular e tradicional romaría de Santiaguiño do Monte, en Padrón

Santiago, 27.07.2022.-   Esta fin de semana tivo lugar no concello de Padrón a romaría do Santiaguiño do Monte, que se celebra o día 25 de xullo e á que asistiu o programa ‘É hora de festa’. A tarde anterior, e enmarcada dentro do programa desta festividade, celebrouse a tradicional carreira de burros á que asistiron milleiros de persoas.

Xa o día 25, a festa comezou cunha procesión do Santo ao monte coñecido como O Parrandeiro, para o que houbo que subir unha escaleira con máis de 120 chanzos. Unha vez arriba, os romeiros viviron un día de festa con música e un gran xantar popular de balde para todos os asistentes que quixeron gozar un ano máis desta popular e tradicional festa.

Fuente Crtvg.es