Edurne regresa á actualidade musical con novo sinxelo, que esta noite presenta en 'Bamboleo'

0
11

Santiago, 08.06.2019.-   Lucía Regueiro volve este sábado á noite propoñer un programa adaptado a todos os gustos e públicos, en que o espectáculo e o entretemento serán os ingredientes principais. Nesta edición, ‘Bamboleo‘ (22.00 h.) recibirá a visita de Edurne, unha das cantantes españolas máis queridas, que regresa á actualidade musical con ‘Demasiado tarde’, un medio tempo de pop latino en colaboración con Carlos Baute. Trátase do primeiro sinxelo do seu novo disco, na composición e arranxos de cuxos temas participou a artista, que tamén interpretará ‘Amanecer’, a canción coa que representou a España no Festival de Eurovisión.

O programa da TVG ofrecerá tamén as actuacións da orquestra Finisterre e de  Espiño, o novo proxecto de Alfonso Espiño, en que o músico compostelán lle dá abeiro á psicodelia que sempre adorou, ao pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk.

Ademais, ‘Bamboleo’ contará hoxe, coma cada sábado, coas súas seccións habituais. En ‘Agora ou Nunca’, dous participantes, Merchi Treviño e Marcos Barcala, amosarán os seus dotes artísticos. A primeira, interpretando ‘Lágrima’, de Dulce Pontes, e o segundo, con ‘Un beso y una flor’, de Nino Bravo.

En a ‘ITV do amor’, o obxectivo será  acertar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas e ‘A Jrileira’ enfrontará ao karaoke a Fernando e Mariluz, que cantarán ‘Cinco sentidos’, de Taburete e Dvicio. Ademais, en ‘Dirtidansi’, a parella formada por Richard e Estefanía bailará chachachá e jive.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here