Elena Furiase, convidada nun ‘Land Rober Tunai Show’ que tamén recibirá o actor Miguel Canalejo e o piloto Jorge Prado

0
17

A filla de Lolita Flores enfrontarase ao ‘Mira quen chama Celebrity’ e en ‘Vexo voces’ descubrirá o talento que hai en Galicia (21.55 h)

Elena Furiase, convidada nun 'Land Rober Tunai Show' que tamén recibirá o actor Miguel Canalejo e o piloto Jorge Prado

Santiago, 22.04.2021.-    O ‘Land Rober Tunai Show’ recibirá este xoves a visita da carismática actriz e filla da Lolita Flores Elena Furiase, que vai enfrontarse ao ‘Mira quen chama Celebrity’. Que famoso estará ao outro lado da liña telefónica?

Ademais, Elena Furiase, que xa coñece o público galego, vai descubrir o talento que hai aquí en ‘Vexo voces’. Ao show unirase o actor galego e un dos protagonistas de ‘Método Criminal’, Miguel Canalejo. Cal dos dous terá mellor oído musical?

E, recentemente proclamado gañador na primeira manga do Campionato de España de Motocrós, esta noite chegará ao estudio de ‘Land Rober Tunai Show’ o piloto lucense Jorge Prado. Por se todo isto fose pouco, volven as ‘As mañás de Marilú’. Que lle pasará desta vez ao alcalde de Pazos?

Fuente Crtvg.es