Emilio, o protagonista deste martes de ’48 horas para si’, proporalle a Olalla, a súa parella, compartiren a vida xuntos

0
27

Na compaña da tía da súa moza, emprenderá unha carreira contra o reloxo na busca dos mellores preparativos e detalles para o que agarda que sexa un día moi especial (23.10 h)

Emilio, o protagonista deste martes de '48 horas para si', proporalle a Olalla, a súa parella, compartiren a vida xuntos

Santiago, 04.10.2022.-    Emilio e Olalla, os protagonistas desta semana de ‘48 horas para o si’, ademais de compartiren lugar de traballo dando clases no seu centro de estética, tamén queren compartir a súa vida xuntos. Polo menos esa é a idea de Emilio, que quere prepararlle por sorpresa unha pedida de man e unha voda á súa parella.
 
Nesta aventura non estará só, xa que o acompañará Mari, a tía de Olalla. Xunto a ela e a bordo da autocaravana de ‘48 horas para o si’, percorrerá Galicia na busca dos mellores preparativos e detalles para o seu día especial.

O engano de Emilio a Olalla, que pensa que está participando noutro tipo de programa, será o primeiro obstáculo que terán que superar nesta carreira contra o reloxo, pero non será o único. Cal será a resposta final de Olalla?

Fuente Crtvg.es