Empresarios de Ourense visitaron as instalacións da CRTVG

0
4

Coñeceron as distintas canles dos medios públicos galegos, así como a súa organización e diferentes espazos

Empresarios de Ourense visitaron as instalacións da CRTVG

Santiago, 28.11.2019.-  Un grupo da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ourense visitou onte a sede da CRTVG en San Marcos, para coñecer o funcionamento dos medios públicos galegos. Interesáronse, amais, polos distintos espazos que se estaban realizando durante a súa visita, así como pola actual organización da Corporación.

Recibidos polo director xeral da Corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo, e polo director de Proxección Social da mesma, Xaime Arias, fixeron un percorrido polos distintos edificios dos medios públicos, onde coñeceron o arquivo, as redaccións, os controis e os estudios da Televisión de Galicia e da Radio Galega.

Fuente Crtvg.es