En ‘A Lei de Santos’, o plan para dar o golpe definitivo non está saíndo segundo o agardado

0
21

Despois de atopar unha cabeza na caixa de seguridade que roubaron no banco, Santos verase na obriga de cambiar a súa prioridade

En 'A Lei de Santos', o plan para dar o golpe definitivo non está saíndo segundo o agardado

Santiago, 22.11.2020.-   Os seguidores de ‘A Lei de Santos’ (22.35 h) verán esta noite como o seu plan para dar o golpe definitivo non está saíndo como agardaba. Despois de atopar unha cabeza na caixa de seguridade que roubaron no banco, Santos verase na obriga de cambiar a súa prioridade e devolver esa caixa ao lugar que ocupaba. Sospeita que a razón pola que esa cabeza estaba escondida non pode ser boa, e as consecuencias tampouco.

Ao mesmo tempo a Garda Civil fai todo o que pode por resolver o atraco e atopar os culpables. O director da sucursal, Rafael, antigo amigo e actual inimigo de Santos, sabe que el e Pancho foron os responsables da subtracción da caixa de seguridade.

Mentres tanto, Duarte e Bieito seguen contra as cordas. As súas débedas económicas estannos levando a unha situación límite, polo que, desesperados, veranse na obriga de buscar unha solución o antes posible.

Fuente Crtvg.es