En 'Bamboleo' reciben a Verónica Romero e Hugo Salazar, dous artistas saídos da factoría 'OT'

0
12

Santiago, 24.08.2019.-   Lucía Regueiro volve este sábado á noite propoñer un programa adaptado a todos os gustos e públicos, en que o espectáculo e o entretemento serán os ingredientes principais. Nesta edición, ‘Bamboleo’ (22.00 h.) recibirá a visita da cantante Verónica Romero, que comezou a súa carreira musical impulsada por un dos formatos televisivos que máis éxitos obtivo nos últimos anos e que pasou do fenómeno ‘OT’ a triunfar como artista independente en Australia e nos EUA. A artista ilicitana regresa agora a España co seu novo traballo, ‘Hello World’, un canto á vida, á felicidade e á conexión entre persoas, con himnos de pop rock mesturados con dance.

Tamén estará esta noite en ‘Bamboleo’ outro artista que se deu a coñecer neste programa de talentos musicais: o cantante e compositor sevillano Hugo Salazar, que  volve aos escenarios con novo sinxelo: ‘Sin argumentos’.

Ademais, o programa ofrecerá as actuacións da orquestra Costa Dorada e do mítico grupo de música tradicional Treixadura, que, case 30 anos despois da súa fundación, segue fundindo voces, gaitas e percusións nunha variada gama de ritmos co obxectivo de manter as melodías coas que os gaiteiros galegos animaron festas e romarías desde sempre.

Por outro lado, nas seccións habituais do programa, en ‘Agora ou Nunca’ amosarase o potencial artístico de Lidia Alvariñas, co tema ‘Vas a quedarte’, de Aitana; e de Andrés Balado, que interpretará ‘It’s a man’s world’, de James Brown.  

Ademais, na ‘ITV do amor’, o público terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas, Cristina e Tania competirán en ‘A Jrileira’ cantando no karaoke ‘Ilarié’, de Xuxa, e, finalmente, en ‘Dirtidansi’, a parella formada por Sasha e Rocío bailará jive e salsa.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here