En ‘Saudade de ti’, Mónica trata de forzar a Santi a comprometerse con ela e formalizar a súa relación

0
36

Santiago.- 07.08.2023.- No primeiro capítulo deste luns de ‘Saudade de ti’, Isidro non pode soportar o desprezo da súa filla e non sabe que pode facer para lograr o seu perdón. É consciente de que non vai ser doado que Celia esqueza o que aconteceu.

Pola súa parte, Álex, a médica residente que acaba de chegar ao centro de saúde, parece interesada en Brais, pero o rapaz non acaba de recibir os sinais que ela lle manda.

Mentres, Mónica tamén trata de forzar a situación para que Santi se comprometa con ela e formalicen a súa relación sentimental. Pero o único que consegue coa súa actitude é que o enfermeiro vexa as similitudes que hai entre Mónica e a súa exmuller. No bar, Dimas descobre que foi Elba quen fixo o test de embarazo. O resultado foi negativo, pero a súa filla segue con molestias e el empeza a preocuparse. 

No segundo capítulo da noite, Celia non pode esquecer o que lle ocultou Isidro. Tampouco ten forzas para falar con Raúl e explicarlle como se sente. A opción máis doada para a doutora sería volver ás pastillas. E nese debate consigo mesma está: ou resistir a tentación ou buscar de novo unha solución química aos seus problemas.

Para salvar a situación financeira en que David deixou Porto de Abrente, Adela vese na obriga de buscar fóra novos investidores. Por moito que lle pese á súa xefa, Mónica cre que a solución está moito máis preto: na súa propia casa. Atormentada polos actos que David cometeu na vila, Belén xa lles pediu desculpas a Isidro e aos Eiroa, pero eles non son as únicas vítimas do seu fillo. 

Fuente Crtvg.es