Entregados os XXVIII Premios Publicidade en Galego, en cuxo xurado participa a CRTVG

0
24

Santiago, 04.10.2022.-    O Parlamento de Galicia acolleu a entrega da XXVIII edición dos Premios Publicidade en Galego, convocados conxuntamente pola Xunta de Galicia, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador, e apoiados pola CRTVG. O obxectivo  deste certame é promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario, en cumprimento do Plan xeral de normalización lingüística.

No acto interviron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices e José González, presidente do Foro Enrique Peinador. A CRTVG, que forma parte do xurado destes premios, estivo representada polo seu director de Innovación e Negocio, José Pereira, e a coordinadora de Publicidade, María Lozano.

Na categoría de radio, o premio foi para a Asociación PuntoGal polo seu proxecto ‘Abre na rede’, da axencia Quattro idcp, no que se asocia a lingua galega ás redes sociais e, en televisión, para R Cable e Telecable Telecomunicacións por ‘Vai escampar’, tamén da axencia Quattro IDCP.

Na categoría de internet, premiouse o Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro (C.R.D.O Ribeiro) polo anuncio ‘Treixadura-Modo Ribeiro’ da axencia Nasas. En prensa escrita, Aqualia, con ‘A auga en Vigo é de alta calidade’ da axencia Ecovigo Publicidade; e na categoría de centro educativo, o Centro Integrado de Formación Profesional CIFP Leixa de Ferrol por ‘Cambio climático’, elaborado por dous alumnos e unha profesora deste centro.

Así mesmo, o xurado outorgoulle por unanimidade unha mención de honra á empresa Sistemas de Seguridade A1, polo seu uso continuado na comunicación e difusión publicitarias.

Fuente Crtvg.es