Entrevista ao presidente da Xunta con motivo do Día de Galicia

0
14

Santiago, 22.07.2022.-    Televisión de Galicia emite este sábado unha entrevista co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ás 15.30 h, despois do ‘Telexornal Mediodía’, e dentro do espazo informativo ‘No Foco’. O redactor xefe dos servizos informativos da canle pública, Marcos Sueiro, entrevista o xefe do executivo galego para repasar a actualidade galega en clave social, política e económica e no marco da celebración do Día de Galicia, o 25 de xullo.

Realizada desde a sede da Presidencia do Goberno galego no Pazo de Raxoi de Santiago, esta entrevista pecha o ciclo de conversas mantidas con líderes políticos galegos na CRTVG nesta semana e que contou coas entrevistas ao secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, á voceira nacional do BNG, Ana Pontón, e a Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG.

A entrevista emitirase a través da primeira canle da TVG. Os espectadores poderán seguila de forma íntegra, e a calquera hora que desexen, a través da web G24.gal e a canle de YouTube.

Fuente Crtvg.es