Esta noite, en ’48 horas para o si’, Iván porao todo en xogo para conseguir pasar polo altar coa súa moza Marlene

0
40

Santiago, 04.01.2022.-  O Cupido de ‘48 horas para o si’ (22.50 h) anda solto de novo e esta noite volverá facer das súas na Televisión de Galicia. Os protagonistas nesta ocasión serán Iván e Marlene, que tiveron un match nunha coñecida rede social en pleno desconfinamento e que hoxe poderían dar un paso adiante na súa relación.

Aínda que só levan un ano xuntos, Iván, un mecánico natural de Padrón, está convencido de que o seu pode ser para sempre e quere pasar polo altar coa súa moza, unha influencer á que lle encanta a moda, a decoración e as fotos e que conta con máis de 166.000 seguidores en Instagram.

Pero ela, que traballa de comercial nuns coñecidos grandes almacéns, xa casou unha vez, cando tiña 23 anos, e agora non é a súa prioridade… Será boa idea pedirlle matrimonio outra vez?

Dada a dificultade do reto, Iván aposta a cabalo gañador e para axudalo a preparar todos os detalles da voda contará coa colaboración de Ana, a mellor amiga de Marlene, que seguro que o pode guiar mellor ca ninguén. El porao todo en xogo para conseguir o ansiado ‘si, quero’, pero, cal será a reacción de Marlene? A resposta, esta noite, nunha nova entrega do programa ‘48 horas para o si’, con Iolanda Muíños como mestra de cerimonias.

Fuente Crtvg.es