Esta noite, en ‘Serramoura’, o plan de Santos para axudar a Emilia non podía saír peor

0
12

Corso conseguiu dar co seu paradoiro e esixe a devolución dos diamantes roubados, pero ninguén sabe onde están, agás Evaristo (22.30 h)

Esta noite, en 'Serramoura', o plan de Santos para axudar a Emilia non podía saír peor

Santiago, 20.09.2020.-   No capítulo desta noite de ‘Serramoura’, os espectadores da TVG verán como o plan de Santos para axudar a Emilia non podía saír peor. Corso conseguiu dar co paradoiro de Emilia e esixe a devolución dos diamantes roubados, pero ninguén sabe onde están, agás Evaristo, que conserva unha pequena parte.

Mentres tanto, no cuartel, Marga, Tomás, Tania e Quique son conscientes de que está pasando algo con Emilia, pero, a pesar dos seus esforzos, non conseguen ningún tipo de información, pero todo se complica cando atopan unha bomba no posto de mando.

Ao mesmo tempo, Roi segue adiante co caso de Moisés, pero con cada novo avance o desenlace apunta na peor dirección posible.

Fuente Crtvg.es