Esta noite, nunha nova entrega de ‘Casamos!’, os espectadores verán como dúas parellas poñen todo a punto para o gran día

0
10

Santiago, 23.09.2020.-  Televisión de Galicia ofrece esta noite unha dobre entrega de ‘Casamos!’, en que os espectadores poderán coñecer dúas novas e fascinantes historias de amor e asistir a todos os preparativos do casamento.

Jessica e Borja, os primeiros protagonistas desta noite, levan cinco anos xuntos, aínda que os seus comezos foron ben curiosos. Pero nunha relación non é todo de cor de rosa e os noivos tiveron que superar momentos críticos. Nada mellor que a chegada do pequeno André para consolidar o seu amor e hoxe están máis unidos que nunca.

Jesi e Borja teñen todo preparado para o seu enlace, pero, a medida que se achega o día, os nervios están a flor de pel. Por sorte, Borja saberá como calmar a súa moza e facerlle liberar tensións para o gran día.

A segunda historia que a TVG amosará esta noite é a de Vanesa e Pisco, unha parella con moito feeling. Desde o mesmo momento en que se coñeceron houbo unha grande atracción. Ambos os dous vírono claro e cando deixaron as súas respectivas parellas non o dubidaron.

Aos poucos días de estaren xuntos, Vanesa quedou embarazada e froito do seu amor naceu o pequeno Unai. Pero o amor é capaz de superar os momentos máis baixos e convertelos nos intres de maior ledicia. Hoxe Vanesa e Pisco casan e en Narón xa está todo a punto para o gran día. A súa será unha voda ben romántica, con moitas emocións e sorpresas para os convidados.

Fuente Crtvg.es