Este martes, a TVG ‘Come a Comarca’ de Fisterra, onde o equipo de cociñeiros do programa se enfrontará aos restauradores da zona

0
6

Santiago, 02.06.2020.-   O equipo de cociñeiros de ‘Come a Comarca’, que hoxe comeza a emisión de novos programas, visita esta semana a comarca de Fisterra para coñecer os segredos da súa gastronomía e aprender a facer o seu menú máis tradicional, composto por tortilla de ourizos, caldeirada de congro e calleiro de castañas.

Sefa Ínsua, xefa de cociñas do restaurante O Fragón, será a encargada de guiar os concursantes pola gastronomía de Fisterra. Para aprender a preparar estes pratos, os cociñeiros afeccionados irán ao templo do congro na comarca de Fisterra: o restaurante A Casa do Peixe (Muxía), onde Belén Lema lles ensinará a tradición e preparación deste enorme peixe. Para aprender a tratar un produto tan delicado coma o ourizo de mar visitarán a Enrique Coo, da peixería-restaurante Mar Viva (Corcubión), un lugar onde degustar os produtos directamente do mostrador. Por último, para preparar una sobremesa tan tradicional e peculiar como é o calleiro, coñecerán a Teresa Pombo, do restaurante Casa Valentín, a muller que máis calleiros fornea en toda Galicia.

Unha vez desvelados os segredos das tres receitas, os cinco cociñeiros afeccionados do programa enfrontaranse nun concurso popular, no Paseo da Ribeira de Fisterra, aos mellores cociñeiros da comarca facendo eses pratos: Manolo Pallas, do restaurante O Rincón da Baiuca (Muxía); Jacinto Picallo e Diana Fuente, do Semáforo de Fisterra, e Junquera Domínguez e Aroa Castiñeira, do restaurante Tira do Cordel (Fisterra). A súa habilidade nos fogóns e un xurado popular composto por 15 veciños da comarca será quen decida o gañador do programa deste mércores.

Fuente Crtvg.es