Este martes, ‘Galicia en goles’ retransmite a Terceira galega

0
61

Santiago, 07.12.2020.-  O martes festivo, a Radio Galega ofrece unha edición especial de ‘Galicia en Goles’, desde as 4 ata as 7 da tarde.

Pedro Pablo Alonso dirixe o programa, en que os oíntes terán información dos dez encontros programados na faixa horaria.

No subgrupo 1A dispútanse catro: Vilalbés-Somozas, Arzúa-Paiosaco, As Pontes-Viveiro e Bergantiños-Fisterra.

No subgrupo 1B celébrase a xornada completa; en total son seis os encontros previstos: Pontellas-Arenteiro, Bouzas-Ribadumia, Alondras-Atios, UD Ourense-Choco, Arousa-Estradense e Barco-Ourense CF.

Ás 3 da tarde, na Zona mixta, xa os oíntes terán o resumo dos encontros que se disputan pola mañá: o Fabril-Estudiantil e o Polvorín-Silva.

A partir das oito e media, na ‘Crónica dos Deportes’, os protagonistas terán a palabra para analizar o sucedido, e tamén na edición de ‘Ao contraataque’, ás 11 da noite, a Terceira terá preferencia informativa.

Fuente Crtvg.es