Este martes, o Lugo-Oviedo, no ‘Galicia en goles’ da Radio Galega

0
12

Santiago, 23.11.2020.-   A Radio Galega ofrece este martes unha edición especial de ‘Galicia en goles’ para contar desde as oito e media do serán o partido de Liga da Segunda División A entre o Lugo e o Oviedo.

Paco Santos dirixe a retransmisión, con Andrés Vieites no Anxo Carro, arroupado polos especialistas Emilio González e Rafa Porto.

A derrota do venres en Alcorcón deixou o equipo galego fóra dos postos de promoción, mentres o cadro asturiano chega tras empatar ante o Fuenlabrada. Na clasificación, os dous equipos están parellos, só separados por dous puntos.

O programa seguirá, ademais, os partidos da Copa do Rei de fútbol sala Santiago-Burela e Noia-Parrulo.

A emisión poderán seguila a través da FM, TDT, radiogalega.gal e as aplicacións como Radioplayer España, ademais dos altofalantes Alexa.

O venres, o ‘Galicia en goles’ volverá contar o fútbol de Segunda División A co Málaga-Lugo, na Rosaleda. Na fin de semana, a atención da xornada estará posta o sábado no derbi da Segunda B entre o Compostela e o Pontevedra, que chegará líder ao Vero Boquete. O domingo, o Celta-Granada, de Primeira, e o encontro de rivalidade Deportivo-Rácing de Ferrol serán os pratos fortes.

Fuente Crtvg.es