Esther Estévez, do ‘Dígocho eu’, asume en ‘Land Rober Tunai Show’ o reto de ‘galeguizar’ o actor sevillano Antonio Garrido

0
27

O programa contará tamén este xoves coa presenza da cantante Pili Pampín, que, xunto a Eva Iglesias, vai coñecer o talento musical que hai en Galicia

Esther Estévez, do 'Dígocho eu', asume en 'Land Rober Tunai Show' o reto de 'galeguizar' o actor sevillano Antonio Garrido

Santiago, 03.12.2020.-  O programa ‘Land Rober Tunai Show’ (22.15 h) porá este xoves a proba o actor Antonio Garrido, que vai saír do show feito un galego dos pés á cabeza. E para esta misión contará con Esther Estévez, do ‘Dígocho Eu’ como aliada. Conseguirá ‘galeguizar’ este sevillano?

Ademais, o espazo presentado por Roberto Vilar recibirá no estudio a gran Pili Pampín, que, xunto a Eva Iglesias, coñecerá o talento musical que hai en Galicia. A cousa vai de cantantes! Ademais, volven os ‘Casados ou divorciados?’. Haberá máis divorciados que se leven ben dispostos a dar a cara ante Galicia enteira?

Fuente Crtvg.es