O equipo do programa tenlle argallada unha boa, coa axuda de Víctor Fábregas e Antonio Garrido
Santiago, 17.06.2021.- Esta semana Eva Iglesias ponse aos mando do ‘Land Rober Tunai Show’ (22.00 h) acompañada dun elenco sen igual: Víctor Fábregas e Antonio Garrido. E o programa contará cunha gran sorpresa, xa que Roberto Vilar será o convidado e vai experimentar na propia pel o que viven os que visitan o espazo da TVG.
Como non podía ser doutro xeito, o equipo do programa tenlle unha boa argallada ao convidado, onde as anécdotas dos Tonechos van ser as protagonistas. Que se prepare Rober coa que lle van armar!
Non faltarán os xogos co público e tamén se ofrecerá ‘Os Casquetes’, con Eva Iglesias. Por se fose pouco, os espectadores saberán que tal se alimentan os galegos en ‘Como comes’, onde o médico e nutricionista Manuel Viso porá un pouco de orde.
Fuente Crtvg.es