Fútbol e baloncesto son protagonistas do ‘Galicia en Goles’ esta fin de semana na Radio Galega

0
5

Santiago, 17.01.2020.- O sábado, desde as tres, Xoán Galán conduce as retransmisións do Lugo-Albacete, na Segunda División, do Fabril-Choco, de Terceira, e dos tres partidos na LEB Ouro de baloncesto: COB Ourense-Almansa, Breogán-Castelló e Marín-Valladolid. Ademais, o Liceo-Saint Omar, da Euroliga de hóckey a patíns, completa a oferta do día.

O domingo, ás doce, a edición matinal estará centrada no Andorra-Obradoiro, da Liga ACB de baloncesto. No fútbol destacan catro encontros: Melilla-Celta B, Inter-Coruxo, Silva-Somozas e Polvorín-Arousa. Desde as tres, a atención estará posta no Deportivo-Cádiz, de Segunda, e logo no Athlétic de Bilbao-Celta, de Primeira. Na Segunda B hai derbi entre o Rácing de Ferrol-Pontevedra, mentres na Terceira xogaranse sete partidos. O Deportivo-Betis, da Primeira feminina, será outro dos directos do programa.

Ao remate do xogo, adestradores e xornalistas debatirán primeiro no Faladoiro de ‘Galicia en Goles’, ata as once da noite, e na última hora día en ‘Ao Contraataque’. As dúas emisións poden seguirse por streaming no Mira RG, a través da web da Radio Galega e da aplicación para o móbil.

O sábado, os amantes do deporte teñen outras opcións para estar ao tanto do que pasa no deporte galego. Á unha da tarde reúne no ‘Convivir Deportivo’ á familia do Río Sar de Trazo, un club especializado na disciplina de tiro. Ás once da noite, Rodrigo Pérez informa da última hora do motor no ‘Gas a fondo’. E ás once e media, Toni López continúa dando voz aos galegos que aspiran a competir nos Xogos de Toquio.

Fuente Crtvg.es