‘Galicia Bonita’ enfrontarase este luns a todo tipo de inclemencias na obra que acometerá na Estrada

0
2

Ademais dunha enorme palleira para reformar, o equipo terá que lidar coas diferenzas de criterio dos propietarios e cunha climatoloxía moi cambiante

'Galicia Bonita' enfrontarase este luns a todo tipo de inclemencias na obra que acometerá na Estrada

Santiago, 03.02.2020.-   Somieres de resortes utilizados como cancelas, bañeiras e lavabos como testos e todo tipo de materiais de construción utilizados como acabados en vivendas e pendellos… Son moitos os exemplos de feísmo que se poden ver xeito habitual ao pasear polas aldeas galegas. O equipo de ‘Galicia Bonita’ (22.30 h) seguirá loitando esta semana contra este tipo de arquitectura que predomina en pendellos, palleiras e leiras de toda Galicia.

Hoxe, na Estrada, a arquitecta Rosa Facal e os operarios do programa da TVG terán que facerlle fronte a todo tipo de inclemencias. Ademais dunha enorme palleira para reformar, o equipo enfrontarase ás diferenzas de criterio dos propietarios, uns rapaces amadores da boa troula, e a unha climatoloxía moi cambiante.

Fuente Crtvg.es