‘Galicia bonita’ enfróntase ao acondicionamento dunha vivenda en Carral e ás diferenzas cos seus propietarios

0
9

O equipo de reformas atoparase unha casa con numerosos problemas construtivos, amais de ter conflitos cos propietarios arredor do portón de entrada á vivenda

'Galicia bonita' enfróntase ao acondicionamento dunha vivenda en Carral e ás diferenzas cos seus propietarios

Santiago, 10.4.2022.-   Nunha nova entrega de ‘Galicia bonita’ (22.45 h), a arquitecta Rosa Facal e os seus colaboradores deberanse enfrontarse ao acondicionamento da  vivenda de Juan e Marian, unha casa de planta baixa, con multitude de problemas construtivos, na urbanización Monte Xalo, en Carral. Porén, as maiores dificultades virán polas diferenzas cos seus propietarios acerca da colocación dun vello portón de entrada, o que provocará un conflito máis alá da reforma.

Cun orzamento limitado, Rosa Facal e o seu equipo, formado entre outros polo albanel Javier, a deseñadora Laira e os carpinteiros Carlos e Álex, fan fronte en cada entrega ao ‘feísmo’ e á arquitectura abandonada, que predomina en pendellos, palleiras e leiras de toda Galicia, e restauran as descoidadas edificacións no prazo máximo de cinco días de traballo.

Fuente Crtvg.es