Gran batalla culinaria dos presentadores de ‘Bamboleo’, ‘Land Rober Tunai Show’ e ‘Galicia Bonita’, esta noite, no ‘Tupper Club’ especial Nadal

0
45

Santiago, 03.01.2023.-    O ‘Tupper Club Especial Nadal’ pon esta noite a proba os presentadores dalgúns dos espazos máis emblemáticos da Televisión de Galicia. Enfrontará a ‘Bamboleo’, ‘Land Rober Tunai Show’ e ‘Galicia Bonita’ nesta edición estelar do programa, en que só pode quedar un gañador. En que programa estarán os mellores cociñeiros da Galega?

O programa especial manterá a dinámica habitual, que enfronta tres celebrities galegas para facerse coa vitoria neste divertido concurso, sen que ningún deles saiba contra quen compite ata verlle a cara. Deben facer chegar os pratos elaborados aos seus rivais de forma anónima e votarse entre eles, sendo decisivo o voto de Álex Iglesias, chef do restaurante Cabanas, en Lalín, e presentador do espazo das noites dos martes.

Nesta edición especial de Nadal increméntase o número de participantes, xa que, polo ‘Bamboleo’ competirán Xosé Manuel Piñeiro e Damián Cortés, que cociñarán pescada con ovos, patacas e olivas; polo ‘Land Rober Tunai Show’, Roberto Vilar, que preparará unhas nécoras ao sal, e, pola parte do ‘Galicia Bonita’, Rosa Facal e Carlos Vélez, que se atreverán cun cordeiro ao forno con patacas panadeira.

Todos eles terán que demostrarán as súas habilidades culinarias, pero tamén compartirán coa audiencia as súas lembranzas máis persoais destas datas tan sinaladas.

Fuente Crtvg.es