Guiso de rodaballo, mexillóns recheos e bica coruñesa nun ‘Larpeiros Social Club’, en que os espectadores aprenderán máis ca nunca

0
2

Santiago, 28.01.2020.-  No ‘Larpeiros Social Club’ (22.30 h), os espectadores aprenderán hoxe máis ca nunca, xa que a cociña e os seus produtos son unha fonte inesgotable de coñecementos. Con Merchi e Lola, asistirán a unha masterclass do mundo do mexillón, un dos mariscos máis elegantes e máis saborosos (e máis ignorado, polo menos ata hai pouco). Nesta ocasión, irán recheos.

E con Benigno chegarán as ensinanzas en forma de peixe importante. Xa anunciara hai uns días que ía cociñar un exemplar de gran suculencia e todos os larpeiros fixeron as súas cábalas: podería ser unha robaliza, un bacallau, un pinto ou mesmo un sargo. Hai moitos peixes, que ben tratados, dan grandes alegrías na mesa. E a de hoxe ten nome e apelidos: guiso de rodaballo. A receita escollida é moi do gusto das Rías Baixas. Sendo de onde é o patrón, non podía ser doutra xeito.
    
Pola súa parte, Adrián viaxará ata A Coruña, onde quedou cunha amiga, a gran cociñeira Bea Sotelo, para somerxerse no apaixonante mundo das lambetadas e cumprir coa súa encarga: traer ao club unha bica baixo o brazo. Tampouco faltarán pequenas leccións de música, repostaría e felicidade, ingredientes habituais neste club.

Fuente Crtvg.es