‘Hai caldo!’ chega á Galega para contar, en clave de humor, as novas mais tolas do mundo gastronómico

0
4

Santiago, 02.02.2020.- Apadriñado por Xosé Ramón Gayoso, Adrián Díaz ponse á fronte de ‘Hai Caldo!’ (23.20 h), o primeiro late night gastonómico da televisión, para contar en clave de humor as novas mais tolas do mundo gastronómico e para entrevistar a famosos cociñeiros, artistas e xentes curiosas.

Acompañado musicalmente da banda de un só home, Antón Ke; con colaboradores como Charlie, o panadeiro-DJ, ou Olaya Rivas, a trol vexetariana, as risas están aseguradas.

No primeiro programa, Adrián contará como se fraguou esta loucura nun programa piloto ao que acudiu Xosé Ramón Gayoso. Nos vídeos que se emitirán en primicia, verase que Gayoso non rematou de fiarse de Adrián e mandou instalar un teléfono vermello para poder chamar se algún contido de ‘Hai Caldo!’ se pasa da raia.

Entre os convidados de luxo estará o cociñeiro Anxo Trives e, para darlle consellos a Adrián sobre como ser un bo presentador, asistirá a divertida Teté Delgado. Tamén estará o humorista Farruco e o grupo galego Terbutalina, que ademais, pon a música da cabeceira.

E, por suposto non faltarán a colaboración de Olaya Rivas, que obrigará a Adrián a comer saltóns e vermes, como parte da súa campaña para abrir a mente gastronómica dos galegos.

Fuente Crtvg.es