‘Inimitables’ comeza 2020 bailando aos sons da muiñeira

0
13

O presentador Arturo Fernández proporá unha fermosa viaxe pola raíz do noso baile máis singular, amais de ensinar como se baila, guiado polo mestre Gustavo Couto  

'Inimitables' comeza 2020 bailando aos sons da muiñeira

Santiago, 01.01.2020.-  O ‘Inimitables’ (22.10 h) da TVG dálle a benvida a 2020 bailando ao son das gaitas, do bombo, do charrasco, a pandeireta e as cunchas de vieira, nos puntos, voltas ou paseos propios da muiñeira, o baile máis representativo de Galicia. O programa que presenta Arturo Fernández indagará esta noite nas características e na historia da danza máis singular do noso folclore tradicional. Pero, e os galegos, saben realmente bailala? que é un picado? e un tablón? ou que é un adiante atrás?

A esas preguntas responderá este ‘Inimitables’ dedicado á muiñeira. Un programa en que guiados polo mestre Gustavo Couto aprenderase a bailar ben unha muiñeira e, ademais, descubriranse moitos segredos deste baile. Como naceu? Onde se bailaba? Que ten que ver cos muíños? Cales son as muiñeiras máis coñecidas?

Este mércores á noite, ‘Inimitables’ proporá, pois, unha fermosa viaxe pola raíz do noso baile máis representativo: a muiñeira.

Fuente Crtvg.es