‘Land Rober Tunai Show’ comeza o ano cos sketchs e bromas máis divertidas no especial ‘Que lle dean ao 2020. Benvido 2021!’

0
19

No seu regreso despois do Nadal (21.50 h), contará coa presenza de convidados como Mar Saura, Berto Romero, Omar Montes, Carmen Lomana, Luís Zahera, Isabel Naveira, Antonio Durán ‘Morris’ e Lito da Panorama, entre outros

'Land Rober Tunai Show' comeza o ano cos sketchs e bromas máis divertidas no especial 'Que lle dean ao 2020. Benvido 2021!'

Santiago, 07.01.2021.-   Na súa primeira cita do ano cos espectadores da Televisión de Galicia, o programa ‘Land Rober Tunai Show’ quere darlle un adeus definitivo ao 2020, esquecer  para sempre un ano tan nefasto e darlle a mellor das benvidas a este 2021 en que, a pesar das circunstancias, o espazo presentado por Roberto Vilar seguirá facendo humor e facendo rir a esgalla.

Neste programa especial, titulado ‘Que lle dean ao 2020. Benvido 2021!’, o ‘Land Rober Tunai Show’ contará coa presenza de convidados como Mar Saura, Berto Romero, Omar Montes, Carmen Lomana, Luís Zahera, Isabel Naveira, Antonio Durán ‘Morris’ e Lito da Panorama, entre outros.

Para liquidar un ano como 2020, non faltarán os sketchs e as bromas sobre o coronavirus, o indesexado protagonista das nosas vidas durante uns meses que nunca se esquecerán. Pero tamén haberá tempo para lembrar cousas moi divertidas que pasaron o ano pasado e que non teñen nada que ver coa pandemia.

Fuente Crtvg.es