‘Land Rober Tunai Show’ conmemora a chegada dos kiwis a Galicia coa visita de Carlos Blanco, Víctor Fábregas e Sergio Pazos

0
2

Santiago, 28.11.2019.-    Este xoves en ‘Land Rober Tunai Show’ coñecerase en que momento chegou o kiwi a Galicia e a razón do seu éxito! E para iso tiña que estar si ou si Paco, o dos kiwis, ou o que é mesmo, o fantástico Carlos Blanco! A súa intervención vai ser, amais, moi eclesiástica, porque tamén vai ir visitar o Papa.

Por outra parte, e como a actualidade manda, descubrirase a realidade sobre o que acontece co narcosubmarino do porto de Aldán, xa que non todo é o que parece…

Por se fose pouco, únense ao espectáculo os actores galegos Víctor Fábregas e Sergio Pazos, que encabezan o elenco de ‘Do dereito e do revés‘, a nova comedia que a  Televisión de Galicia ten previsto estrear en decembro. Roberto Vilar xogará con eles e sacará á luz os seus segredos mellor gardados.

Ao longo da noite, serán fundamentais as participacións dos dous pintamonas por excelencia do programa: David Perdomo e Eva Iglesias.

Fuente Crtvg.es