‘Land Rober Tunai Show’ conseguirá que dous ciclóns, como Bárbara Rey e Roi Méndez, pinten ben a mona no programa

0
19

Os dous artistas van ser protagonistas de numerosas risas este xoves, en que volven as tolas aventuras da familia de mariscadores

'Land Rober Tunai Show' conseguirá que dous ciclóns, como Bárbara Rey e Roi Méndez, pinten ben a mona no programa

Santiago, 10.12.2020.-   Este xoves o ‘Land Rober Tunai Show’ (22.20 h) recibe unha auténtica musa, a verdadeira Bárbara Rey! A estrela acode a pintar a mona e sorprender a audiencia coas súas historias. Que barbaridades  agochará? Desde o programa, Roberto Vilar tiraralle da lingua e, para iso, tamén se contará cun bo aliado: o falcatrueiro de Roi Méndez.

Este xoves volven, amais, as aventuras da familia de mariscadores máis disparatada. E ollo, porque Josiño desta non vai traballar máis. Disque ten unha amante e vai ser un verdadeiro espectáculo cando lla presente aos pais.

E por se fora pouco, Roi Méndez vai vivir en propia pel a reapertura de Casa Dosinda. E como non, tamén vai descubrir a de toleadas que fai o noso público.

Fuente Crtvg.es