‘Land Rober Tunai Show’ dálle a benvida ao verán con moito humor e na compaña do actor Javier Gutiérrez

0
17

Eva Iglesias, Miguel Canalejo, José Baño e Roberto Vilar poranse a proba esta noite nas cabinas da música

'Land Rober Tunai Show' dálle a benvida ao verán con moito humor e na compaña do actor Javier Gutiérrez

Santiago, 16.6.2022.-   O ‘Land Rober Tunai Show’ despide a tempada por todo o alto coa visita do actor Javier Gutiérrez. O equipo do programa da Galega tenlle preparada unha boa argallada xa que vai descubrir o talento dos mozas e mozas galegos en ‘Non cho creo’.

Este xoves volven tamén as cabinas da música! Eva Iglesias, Miguel Canalejo, José Baño e Rober poranse a proba. Librarán da molladura ou darán o cante?

E nesta edición non podía faltar a visita do alcalde Pazos na sección de ‘As mañás de Marilú’ e a familia de ‘Mariscadores’ máis tola. O público tamén será protagonista nunha nova entrega de ‘Segredos’.

Isto e máis, esta noite, a partir das 22.00 horas, con Roberto Vilar, José Baño, Eva Iglesias e Miguel Canalejo na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es