‘Land Rober Tunai Show’ despide temporada coa visita da coñecida cantante italiana Sabrina Salerno

0
80

Non faltará quen dea o cante e demostre o seu talento en ‘Quen é a voz?’ e, ademais, volve unha nova entrega da ‘Familia de mariscadores’

'Land Rober Tunai Show' despide temporada coa visita da coñecida cantante italiana Sabrina Salerno

Santiago, 22.06.2023.-    Chega a revolución no último programa da temporada de ‘Land Rober Tunai Show’, que recibe a Sabrina Salerno. A recoñecida cantante italiana, que alcanzou unha gran popularidade en Europa a finais dos anos 80 coa súa canción ‘Boys’, vén pintar a mona e revelar todos os detalles do seu éxito.

Non faltará quen dea o cante e demostre o seu talento en ‘Quen é a voz?’. Ademais, volve unha nova entrega da ‘Familia de mariscadores’, en que Josiño ten algo que contarlles aos seus pais no día do seu aniversario de vodas. Ao parecer, vai aumentar a familia.

Todo isto, e moito máis, con Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo, Víctor Fábregas e José Baño, esta noite a partir das 21:55 horas na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es