‘Land Rober Tunai Show’ faille fronte á costa de xaneiro con moito humor e coa presenza da actriz Eva Isanta

0
4

Coñecida polo seu personaxe da Cuqui, palpará o talento musical que hai en Galicia e tamén descubrirá canto se come aquí

'Land Rober Tunai Show' faille fronte á costa de xaneiro con moito humor e coa presenza da actriz Eva Isanta

Santiago, 09.01.2020.-   ‘Land Rober Tunai Show’ (22.15 h) recibe este xoves un portento de actriz. Visita o programa Eva Isanta, ou o que é o mesmo: a carismática Cuqui de ‘La que se avecina’. E como de show sabe moito, vai ter que palpar o talento musical que hai en Galicia, o bo e o non tan bo. Xa se pode ir preparando para coñecer os verdadeiros artistas!

Por se fose pouco, a convidada desta semana terá que enfundarse na personaxe dunha doutora que vai alucinar, xa que vai coñecer o que pasa cando os de Madrid descobren canto se come en Galicia.

Por outro lado, esta noite volven ao programa presentado por Roberto Vilar as historias da familia de mariscadores. Que sería do fillo? Algo raro está pasando con Juanra desde fin de ano… Disque non pasou nin pola casa!

‘Land Rober Tunai Show’ faille fronte á costa de xaneiro con moito humor e non faltarán nesta edición David Perdomo e Eva Iglesias, que desta volta terán que demostrar como se lles dá iso de adiviñar, pero o reto complícase: terán que saber a quen corresponden as historias do público.

Fuente Crtvg.es