‘Land Rober Tunai Show’ monta a troula esta noite na TVG co modelo Damián Álvarez e o actor Antonio Garrido

0
31

A partir das 21:50 h, tamén volven as seccións de ‘Os Piosos’, ‘Quen é Manolo’ e ‘Traspazos’

'Land Rober Tunai Show' monta a troula esta noite na TVG co modelo Damián Álvarez e o actor Antonio Garrido

Santiago, 26.01.2023.- Este xoves o ‘Land Rober Tunai Show’ recibe o modelo galego Damián Álvarez. O presentador do espazo Roberto Vilar poñerao a proba amosándolle outros “guapos” para que adiviñe cales son galegos. E como de guapos vai a cousa, tamén pasará polo programa o andaluz máis galego: Antonio Garrido.

Ademais, o ‘Land Rober Tunai Show’ ofrecerá unha nova entrega de ‘Quen é Manolo?’.  Os espectadores poderán sorprenderse con coñecidos dos famosos que tamén irán pintar a mona ao espazo dos xoves. E tamén volven ‘Os Piosos’. Desta vez, van á reunión dun colexio porque hai cambios no comedor. Pola súa banda, na sección ‘Traspazos’, a alcaldesa reúne outra vez os veciños. 

Todo isto, cos mellores sketchs e moito humor, con Eva Iglesias e Miguel Canalejo, na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es