‘Land Rober Tunai Show. O que perdiches por ver GH’ daralles aos espectadores a oportunidade de ver os mellores sketchs do programa

0
14

A partir das 22.05 h, tamén saberán cales foron os convidados máis simpáticos que pasaron polo estudio e as probas máis disparatadas que se fixeron

'Land Rober Tunai Show. O que perdiches por ver GH' daralles aos espectadores a oportunidade de ver os mellores sketchs do programa

Santiago, 26.12.2019.-    O especial ‘Land Rober Tunai Show. O que perdiches por ver GH’, que a TVG ofrece esta noite, vailles dar aos espectadores a oportunidade de ver os mellores sketchs da temporada do programa de Roberto Vilar. Tamén os convidados máis simpáticos que pasaron polo estudio e as probas máis disparatadas que se fixeron no ‘Land Rober Tunai Show’, con persoas moi coñecidas como Florentino Fernández, JJ Vaquero, Carlos Blanco ou a Terremoto de Alcorcón.

Sen dúbida, ‘O que perdiches por ver GH’ é unha boa oportunidade para os que non viron o programa de poñerse ao día co espazo máis tolo da Televisión de Galicia. Para os máis fieis, os que si que seguiron ‘Land Rober’ esta nova temporada, pode ser un bo momento para volver rirse un anaco ata desencaixar as mandíbulas coas visitas de Gayoso, Boris Izaguirre ou Kiko Rivera.   

Así pois, os espectadores que queiran recuperar o tempo perdido vendo ‘GH’ os xoves pola noite ou que queiran revivir os mellores momentos da temporada do programa de Roberto Vilar non poden perder hoxe esta edición especial de ‘Land Rober Tunai Show’.

Fuente Crtvg.es