‘Land Rober Tunai Show’ propón hoxe un programa en chándal, que contará coa participación de Juan Muñoz e Víctor Fábregas

0
11

O espazo presentado por Roberto Vilar recibirá tamén a visita da actriz Beatriz Serén

'Land Rober Tunai Show' propón hoxe un programa en chándal, que contará coa participación de Juan Muñoz e Víctor Fábregas

Santiago, 04.03.2021.-   A edición deste xoves de ‘Land Rober Tunai Show’ (21.50 h) estará dedicada á roupa de moda: o chándal. Nin Rosalía nin C. Tangana… Os galegos son os que marcan tendencia e o programa vai demostralo. Ata Roberto Vilar vai abandonar o traxe.

O equipo do ‘Land  Rober’ vai pintar a mona ao grande co actor Juan Muñoz, do dúo cómico Cruz y Raya, que vai coñecer as habilidades do público galego en ‘Non cho creo’. Ademais, o programa da TVG contará coa visita da actriz Beatriz Serén.

Por se fose pouco, Dosinda irá coas chatis facer a ruta do colesterol. En que acabará esta andaina? Volven ademais as trolas máis divertidas. Juan Muñoz, Víctor Fábregas e Rober enfrontaranse á mesa de ‘Mentira Cochina’. Cal dos tres contará unha anécdota real?

Fuente Crtvg.es