O programa presentado por Roberto Vilar (21:55 h) poraos a proba no que mellor se lle dá a cada un
Santiago, 16.11.2023.- Este xoves xuntarase a fame coas ganas de comer no ‘Land Rober Tunai Show’, a onde acudirá a pintar a mona o acróbata e showman Wilbur, que terá como aliado o gran Xosé Ramón Gayoso.
O programa poraos a proba no que mellor se lle dá a cada un. Wilbur deixará o público e os espectadores pampos coas súas extravagantes posturas no ‘Que me estás contando?’ e Gayoso vai ter que contar anécdotas en ‘Mentira cochina’.
Ademais, chega unha nova entrega das ‘Divorciadas’. Que lles pasará desta vez a estas queridas falcatrueiras? Todo isto, coma sempre, co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Tamara Gr.
Fuente Crtvg.es