‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves os actores Javier Gutiérrez, Vicky Luengo e Mónica Regueiro

0
12

O programa (21.55 h), ao que volve Felipe II, contará tamén coa presenza da xogadora galega de baloncesto Blanca Millán e ofrecerá novas entregas de ‘Casados ou Divorciados’ e ‘Xubilados VS Milenials’

'Land Rober Tunai Show' recibe este xoves os actores Javier Gutiérrez, Vicky Luengo e Mónica Regueiro

Santiago, 13.05.2021.-    O programa ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves o actor Javier Gutiérrez, que chegará moi ben acompañado de dúas colegas, Vicky Luengo e Mónica Regueiro, compañeiras na obra ‘Principiantes’, coa que están de xira. O espazo da TVG contará tamén coa visita da xogadora galega de baloncesto Blanca Millán.

O desta semana será un ‘Land Rober’ especial, xa que volve Felipe II, que regresa do inframundo porque ten unha cita para levar a vacina. Tamén se ofrecerá unha nova entrega de ‘Casados ou Divorciados’ e os convidados do programa terán que andar con tino para acertar. Ademais, volve o xogo interxeracional por excelencia: ‘Xubilados VS Milenials’. Quen conseguirá o liderado?

Fuente Crtvg.es