Lentellas con verdura e lagostinos e empanadillas cremosas de polo, champiñóns e parmesano, proposta dos 'Larpeiros' para este martes

0
44

Santiago, 26.02.2019.-     Hoxe na mesa dos ‘Larpeiros’ é día de confesións, xa que explicarán que é o que máis lles gusta comer. Nun momento, a mesa encherase dos tesouros da cociña galega, coma os peixes e os mariscos. Pero hai unha debilidade en que todos se porán de acordo: os guisos e as potaxes.

Para seguir coa tradición, Benigno Campos decidirá cociñar unhas lentellas con verduras e lagostinos, un prato sinxelo e con moito sabor. Para a tarefa contará coa axuda de Lola, así que non faltarán a experiencia e a boa cociña.

Ademais, a cociñeira Celia Cabrera preparará unhas empanadillas cremosas de polo, champiñóns e parmesano, unha receita diferente con gran tradición na súa familia. Merchi será a encargada de axudala neste importante labor.

Mentres, Adrián irá ao Porriño cunha importante encarga: traer un dos mellores pans do mundo para xantar. O ‘larpeiro’ máis viaxeiro aprenderá xunto a Claudio todos os segredos dun bo pan, un produto que nunca falta na mesa dos ‘Larpeiros’, moi amigos de facer sopiñas con el.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here