Logo de coñecerse a través dunha aplicación de citas, Sonia e Gonzalo celebran a súa voda en ‘Casamos!’

0
29

A partir das 23.15 h, unha historia de amor que comezou cunha primeira cita de dez días e unha pronta convivencia

Logo de coñecerse a través dunha aplicación de citas, Sonia e Gonzalo celebran a súa voda en 'Casamos!'

Santiago, 24.01.2024.- Unha aplicación de contactos uniu os destinos de Sonia e Gonzalo, unha moza do Porriño e un mozo de Burela, que esta noite amosarán a súa historia no programa ‘Casamos!’. Despois de semanas falando por teléfono, chegou o momento de coñecérense en persoa.

A conexión entre os dous foi tal que esa primeira cita durou 10 días. Sonia tivo que volver á súa casa e a separación foi moi dura para os dous. Tanto así que decidiron ir vivir xuntos ao pouco. A convivencia tamén foi moi ben e por iso agora deciden formalizar a súa relación nunha voda civil e familiar. Nesta celebración faltarán os pais da parella, pero iso non impedirá que Sonia e Gonzalo gocen do seu gran día e sexan felices.

Fuente Crtvg.es