Lope de Vega, un dos poetas e dramaturgos máis importantes do século de ouro, protagonista en ‘O compás do tempo’

0
9

Santiago, 18.01.2022.-  España, 1630. Neste escenario comeza hoxe a serie documental da G2 ‘O compás do tempo’ (23:25 h), que nesta ocasión terá como protagonista a Lope de Vega, un dos poetas e dramaturgos máis importantes do Século de Ouro español e, pola extensión da súa obra, un dos autores máis prolíficos da literatura universal.

Lope escribiu máis de 1.000 obras e os seus éxitos seguen a triunfar en pleno século XXI en teatros, pero tamén naqueles currais de comedias que el coñeceu. En Galicia coñeceu o éxito e o fracaso. O seu ascenso foi posible grazas ao mecenado do conde de Lemos, pero non falou moi ben dos galegos nas súas comedias.

Nunha viaxe no tempo, os espectadores serán trasladados a Ourense no século XXI. Alí aparece un misterioso home que di que é Lope de Vega e que necesita volver á súa época. Como cada semana, Raúl axudará este personaxe a regresar ao seu tempo, non sen antes facer un percorrido pola súa vida e obra que lles achegará aos espectadores aspectos sorprendentes e descoñecidos da súa figura.

Na foto, Raúl e a personaxe de Lope de Vega ao seu paso por Ourense.

Fuente Crtvg.es