Los del Río, Fátima Pego e Dj Sonic e o Grupo JB Son enchen de festa esta noite ‘Bamboleo’

0
15

Santiago, 15.08.2020.- A variedade musical e a diversión están aseguradas cada sábado na Galega con ‘Bamboleo’ (22.00 h), o espazo de entretemento que presenta Xosé Manuel Piñeiro. Nesta ocasión, recibirá a visita do dúo artífice da canción española máis internacional de todos os tempos: ‘Macarena’. Antonio e Rafael, compoñentes de Los del Río, visitan o estudio de ‘Bamboleo’ para facer bailar o público co seu éxito mundial, así como para presentar outros temas, inéditos e clásicos.  

Tamén pasarán polo programa dous artistas galegos que estrean unha nova colaboración, Fátima Pego e DJ Sonic. Xuntos interpretarán ‘A meiga da verbena’, un tema que acaban de lanzar este verán 2020 e que presentarán no escenario do programa. Por último, o Grupo JB Son amenizará esta noite de festa coas súas versións de cancións moi coñecidas e bailables.

Por outra banda, na sección ‘Dirtidansi’, a parella formada por Jesús e Lucía ofrecerá un chachachá e unha rumba-bolero, e no ‘Agora ou Nunca’ escoitarase a Sonia Vega co tema ‘Entre el cielo y el suelo’, de Mecano, e a Carmen Gracia, cunha versión en galego do inesquecible ‘Can`t take my eyes off you’, de Gloria Gaynor. Os representantes dos clubs deportivos Couto Ourense Fútbol Sala e Escola Rosalía Peixes Vimar de Bembrive xogarán en ‘A Jrileira’ cantando ‘La barbacoa’ de Georgie Dann e acertando intérpretes. Na ‘ITV Do Amor’, un concursante do público terá que adiviñar quen é a parella de Luís para gañar un fantástico premio. E por se acaso as risas son poucas, ollo ao dato que os colaboradores: Tamara, Isi e Damián, han estar ben atentos para sacarlle punta a cada saída dos participantes.

Fuente Crtvg.es