Santiago, 01.12.2020.- A Radio Galega retransmite este mércores un novo partido da Liga de Segunda División A. O Club Deportivo Lugo recibe no Anxo Carro á Unión Deportiva Las Palmas. Desde as oito e media do serán, Paco Santos conduce a retransmisión, con Andrés Vieites na narración e os comentarios do xornalista Emilio González e do ex-xogador Rafa Porto.
O equipo que prepara Mehdi Nafti empatou a xornada pasada na súa visita ao Málaga, en La Romareda, pero o punto soubo a pouco, xa que desperdiciou unha vantaxe de dous goles contra un rival que xogou en inferioridade numérica durante máis de media hora. Mentres, o Las Palmas foi quen de remontar en Gran Canaria un 0-2 ante o Sporting de Xixón e acabou sumando tres puntos, evitando así o que podía ser o despedimento do adestrador Pepe Mel.
O programa tamén estará pendente o mércores do que aconteza na Liga Asobal de balonmán con reporteiros desprazados ao Cangas-Sinfín, no Gatañal, e ao Cisne-Nava, no municipal de Pontevedra.
Todas as emisións deportivas da Radio Galega chegan á audiencia a través da FM, TDT, radiogalega.gal, aplicacións como Radioplayer España e os altofalantes Alexa.
Fuente Crtvg.es