Luís Iglesia, Sabela Arán e Miguel Canalejo, os protagonistas de ‘Método Criminal’, van armar unha boa esta noite no ‘Land Rober Tunai Show’

0
61

Volve Dosinda coas súas paranoias e o programa (22.10 h) xogará co público das casas en ‘Que gardas aí?’

Luís Iglesia, Sabela Arán e Miguel Canalejo, os protagonistas de 'Método Criminal', van armar unha boa esta noite no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 04.02.2021.-      ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves os protagonistas de ‘Método Criminal’, a nova comedia policial da Televisión de Galicia. Veñen argallar unha boa Luís Iglesia, Sabela Arán e Miguel Canalejo. O programa porá a proba a súa intuición en tema de delitos e contará con alguén que sabe moito disto. Ademais, os tres actores van amosar as súas habilidades artísticas. Con que shows sorprenderán os espectadores?

Por outro lado, volve Dosinda coas súas paranoias e hoxe máis ca nunca porque se vai reunir cun xeneral que ten algo que contarlle: os extraterrestres veñen para rescatarnos!. O presentador, Roberto Vilar, tamén xogará co público das casas en ‘Que gardas aí?’. Os espectadores van quedar pampos cos obxectos que teñen algúns.

Fuente Crtvg.es