'Malo Será!' estrea esta noite nova temporada en Celanova, con Manuel Manquiña como convidado especial

0
6

Santiago, 11.09.2019.-    ‘Malo Será!’, o programa itinerante que achega a televisión aos teatros de todo o país, estrea esta noite nova temporada no Auditorio Municipal Ilduara, en Celanova. Serán dúas horas de humor cos mellores cómicos da escena galega como protagonistas, aos que se unirá como convidado especial o inimitable Manuel Manquiña.

Neste programa, os espectadores comprobarán que a moda, ás veces, é un tanto peculiar; serán testemuñas da conversa entre dous peregrinos á metade do camiño; descubrirán a existencia dunha toupa na mesmísima Interpol e mesmo asistirán á mensaxe do Rei. Ademais, gozarán coas voces de Susana Sampedro e Paula Pier interpretando ‘Aí ven o maio’ e tamén da versión que Manuel Manquiña e Lucía Veiga fixeron da canción de The Doors ‘Gloria’.

Marcos Pereiro, Federico Pérez, Lucía Veiga, Paula Pier, Marita Martínez, Oswaldo Digón, Susana Sampedro e Manuel Manquiña compoñen o elenco de actores e actrices que, liderados por Marta Doviro, levarán cada mércores o mellor humor desde as táboas ás pantallas da TVG.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here