Manu Tenorio e o grupo Regatos presentan este venres en ‘Luar’ novo disco

0
12

Santiago, 18.06.2021.-  ‘Luar’ (22:00 h) volve este venres ofrecer unha nova edición de ‘O mellor década casa’, co seu equipo de semifinalistas ao completo, formado por Luís Iglesia, María Mera, Sergio Pazos e Manuel Manquiña, o último clasificado. Na competición hoxe tócalle a quenda a Luís Iglesia, que representa a década dos 70, e María Mera, os anos 90, interpretando dous referentes deses anos: ‘El rei morreu, viva a raíña’ e ‘Tiña tanto que darche’, respectivamente.

Xosé Ramón Gayoso, Patricia F. Santana e Rocío Rodríguez darán esta noite tamén a benvida ao sevillano Manu Tenorio, que vén presentar o sinxelo do seu novo disco, ‘La nave del olvido’. O artista avanza así o que será un álbum de versións, un tributo aos grandes compositores e á canción melódica, que estará nas rúas despois do verán.

O grupo de folk estradense Regatos tamén amosará esta noite un novo álbum, o seu primeiro disco, gravado durante a pandemia. Os espectadores poderán coñecer os temas que recolle a formación en ‘Cousas nosas’, un traballo cociñado a lume lento, despois de dez anos dun labor ilusionante e unha gran paixón pola música tradicional.

A representación da música da nosa terra complétase coa diversión que ofrecen en cada actuación a orquestra Marbella e a agrupación folclórica Trébede.

Continúa a última volta da fase previa ás semifinais de ‘Recantos’, este venres con Sofía Rial, da zona de Terras de Compostela, e Fernando Hernández, de Terras da Coruña. E Pedro Brandariz e Fran Rei e Paco e Pepe achegarán boas doses do seu mellor humor e, no concurso telefónico, os espectadores poderán facerse hoxe co bote de 10.500 euros de premio.

Fuente Crtvg.es